top of page

UNHA SECUENCIA

Imos elaborar un anuncio de publicidade social -ben de contrapublicidade, ben de propaganda- procurando mellorar as actitudes ante a lingua galega.

Para conseguir ese obxectivo, traballaremos cunha serie de actividades a situación das linguas minorizadas, os prexuízos lingüísticos e mais as estratexias e recursos da publicidade, ademais de seguir o proceso de elaboración do noso produto.

O conxunto de anuncios da aula conformará unha campaña, sen prexuízos, que poderá difundirse a través das redes sociais.



Revisaremos antes de máis nada os criterios de avaliación da secuencia para acordar, se é o caso, modificacións.

Unha campaña sen prexuízos

DE ACTIVIDADES

As actividades deste proxecto supoñen pasos sucesivos nas diferentes partes dos contidos que se abordan:



     1. Ideas previas (valores)

     2. Opinamos (linguas minorizadas e prexuízos)

     3. Á contra (a publicidade)

     4. Un plan (planificación)

     5. Creamos (realización)

Daquela, as actividades seguiranse na orde na que se presentan, accesíbeis desde o menú superior.

DE LINGUA E LIT

Para ter claro como se vai avaliar a secuencia, tanto a implicación na importante tarefa de enfrontar prexuízos sobre a lingua como os resultados acadados, consulta os criterios ao respecto.



Ao final, tamén faremos a autoavaliación do labor realizado.

CC  Un proxecto de remexer.com

bottom of page